Home Programas Espazo Aberto “Nin un paso atrás nos dereitos en igualdade e diversidade”

“Nin un paso atrás nos dereitos en igualdade e diversidade”

0
“Nin un paso atrás nos dereitos en igualdade e diversidade”

O feminismo galego saíu á rúa acompañando a mobilización das compañeiras de Andalucía pola chegada da ultradereita ás institucións. Ante este avance dos sectores máis reaccionarios da dereita española, que fixo do antifeminismo un dos seus leitmotivs propagandísticos, as mulleres organizadas lanzaron a advertencia de que non están dispostas a ningunha clase de retroceso nos dereitos conquistados en igualdade e diversidade. Esta peza recolle imaxes das concentracións de Vigo e A Coruña.