BNG e Goberno español reuniranse nun prazo de dúas semanas nunha comisión de seguimento do acordo asinado o pasado venres para investir a Pedro Sánchez. Entre os temas aos que o Bloque Nacionalista Galego afirma que lle dará prioridade atópanse: a crise industrial galega, necesidade dun estatuto para as empresas electrointensivas e unha transición enerxética para as plantas de carbón das Pontes e de Cerceda.

- Publicidade -

Neste primeiro trimestre de 2020, debe convocarse a Comisión Mixta de Tranferencias, que depende das vontades do executivo español e tamén da Xunta, para avanzar no traspaso a Galicia das diferentes competencias esixidas a Madrid. É o caso, por exemplo, da titularidade da Autoestrada do Atlántico.

O acordo entre o BNG e o PSOE é ambiguo no que antixe a ENCE segundo critican dende a Asociación pola Defensa da ría de Pontevedra. No pacto, fálase do traslado da planta de Ence a outro enclave máis adecuado en Galicia pero dende a Asociación, manteñen que eles non queren traslado ningún. Piden o fin da presenza de Ence na ría de Lourizán.

Nas últimas horas, Moncloa ratificaba o nomeamento da deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, como nova ministra de Traballo. O nomeamento da ferrolá era matizado da seguinte forma pola nacionalista Ana Pontón:

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego