O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, defende na Cámara Baixa a necesidade de pechar Madrid por mor da expansión do COVID-19. O nacionalista apunta a que o 70 por cento dos primeiros casos que se detectaron en Galiza foron causados por persoas que viñan do territorio madrileño.
.@NestorRego Illar os principais focos dá resultado, como se demostrou en Wuhan. Por iso é necesario pechar Madrid. A maioría dos contaxios que hai en Galiza proveñen de Madrid. Eu mesmo fiquei en Madrid para non danar a miña familia. pic.twitter.com/IEJYOLm6fA
— BNG (@obloque) March 18, 2020