Pedro Sánchez foi escollido presidente do estado español nunha sesión de investidura marcada pola bronca entre os partidos da dereita española e os soberanistas, ademais dunha tensión permanente ante un posible transfuguismo que desfixera os números do líder do PSOE.

A sesión de investidura vese marcada polo acordo entre o PSOE e o BNG no que se inclúen medidas como a transferencia da AP-9 ou o traspaso de competencias en Salvamento e Tráfico. No seu discurso ante a Cámara Baixa, o nacionalista Néstor Rego apelou a Castelao xusto o día no que se cumpren 70 anos do seu pasamento.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Yolanda Díaz, ministra

Galiza reforza a súa posición en Madrid non só co acordo acadado polo BNG senón tamén pola entrada de figuras políticas como Yolanda Díaz no propio goberno segundo trascendeu nos últimos días. A deputada de Galicia en Común por Pontevedra será ministra de Traballo no goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos. A maiores, a formación que encabeza Pablo Iglesias farase co Ministerio de Igualdade, que levará a portavoz parlamentaria de Unidas Podemos, Irene Montero, e un cuarto Ministerio para o coordinador federal de Izquierda Unida, Alberto Garzón. Mañá, mércores, prevese que se presente oficialmente o grupo de goberno, o xoves tome posesión as ministras e ministros e o venres se celebre o primeiro Congreso de Ministras da lexislatura.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -