Neomachismo e violencia sexual na mocidade

Falamos con dous expertos sobre prevencións das violencias sexuais na mocidade, en particular nos casos do precupante efecto manada e da "industria do sexo"

A prevención e a sensibilización son das armas máis poderosas contra as violencias machistas, e nisto mesmo se enfocaron as Xornadas a violencia sexual na mocidade que se levaron a acabo o pasado 13 de marzo da facultade de ciencias da educación da USC. As cámaras de Nós Televisión tiveron a oportunidade de conversar con dúas das poñentes, que advirten de dous temas moi preocupantes na nosa sociedade: a violencia sexual comercial mediante a pornografía e a prostitución e o crecente efecto Manada.

Como nos explica Hilario Saéz Méndez, sociólogo e Presidente da Fundación Iniciativa Social, o efecto Manada é unha violencia neomachista que recibe o nome do polémico caso, e un grupo de homes “termina a noite asaltando e violando a unha muller”. Deixa claro que “a violencia machista é un problema dos homes que sufren as mulleres“, e a solución é rematar coa “masculinidade tóxica”, para non ter que actuar despois do crime así como para mudar o sistema xudicial que é indulxente nestas situacións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“As mulleres non podemos seguir convertidas en obxecto de uso e abuso“, explica pola súa banda a activista de Feminicidio.net Amelia Tiganus. Incide que “mentres os rapaces e rapazas se eduquen coa pornografía, que é machista e misóxena“, engade, “imos ter un gran problema”. Tamén alude á carencia lexislativa que deixa “espidas” ás vítimas, mentres o “Estado se lucra a coa mal chamada industria do sexo” e “ingresa no PIB 10 millóns de euros ao día“.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -