O mes das Letras Galegas continúa esta semana en Neda. A Casa da Cultura desta localidade acollerá este mércores 24 de maio un acto de lembranza ao escritor Carlos Casares, autor homenaxeado este ano. A Asociación Cultural Albatros proxectará o documental “Contando a Carlos Casares” de Gonzálo Veloso, un audiovisual de 60 minutos de duración no que participan familiares, amigos e expertos no autor.
Este documental xa pasou por moitas cidades e vilas do país e visionouse tamén fóra como nas universidades de Deusto, Algarve e Lisboa. Ao remate da súa presentación en Neda haberá, na mesma Casa da Cultura, un coloquio aberto ao público sobre a vida e obra de Carlos Casares.