Martiño Noriega, Alcalde de Santiago, visitou esta mañá as obras da cociña económica, situada na rúa Travesa. Durante a visita, confirmouse que as obras rematarán nas vindeiras semanas e as instalacións volverán a estar operativas no mes de setembro.