Dende o vindeiro 8 de febreiro, o sector das ambulancias súmase ás queixas dos traballadores da Sanidade Pública, e convoca tres tramos de folga: do 8 ao 11, do 18 ao 24 e do 4 ao 10 de marzo. De non chegar a acordo antes do 28 do mes que vén, teñen a intención de facer que o parón sexa indefinidio.
Os sindicatos denuncian que as empresas non “cumpriron os convenios establecidos”, como comenta o delegado sindical Pablo Taboada, e que a Xunta non tivo en conta o custe real á hora de preparar os pregos da licitación, polo que “non chegan os cartos, claro”, continúa. Isto afecta aos “uniformes, bases ambulancias” claramente nunha baixada na calidade do servizo. Algunhas das declaracións son tan esperpénticas como “que hai ambulancias nas que chove dentro” ou que teñen que empregar “caixas de cerveza para que poidan subir os doentes“.