Home Programas Área Compostela Nais e pais de Brión: “Aínda queda moito por conseguir”

Nais e pais de Brión: “Aínda queda moito por conseguir”

0
Nais e pais de Brión: “Aínda queda moito por conseguir”

Na mañá de hoxe, o estudantado do IES de Brión volveu ás aulas malia que as nais e pais continuaron coas mobilizacións.necesidades do centro. Deste xeito, a manifestación convocada para hoxe desenvolveuse con normalidade malia que sen a presenza da cativada.

Logo de dúas semanas de peche das familias no centro e aulas prácticamente baleiras no IES, finalmente chegou unha proposta da Inspección para atender unha parte das reivindicacións da comunidade educativa: o Instituto contará cun complemento de profesorado de 17 horas. Iso si, advirten as familias, é só unha parte das esixencias que teñen. “A oferta está lonxe da dotación de 3 profesores que precisa o centro para poder manter as prestacións do curso pasado”

Con todo, a comunidade educativa do IES de Brión non se da por satisfeita e vai continuar reclamando que se atendan as necesidades do Instituto. Por iso mantense a manifestación de hoxe.