Home Programas Área Compostela Un Nadal sen roles de xénero

Un Nadal sen roles de xénero

0
Un Nadal sen roles de xénero

Baixo o lema “a igualdade tamén se fai xogando”, o Concello de Santiago impulsa unha campaña de concienciación social co obxectivo de loitar contra os roles de xénero que determinan a compra de agasallos no Nadal. Seguindo o exemplo de ‘Compostela en negro’, o Concello enviará a toda a cidadanía unha postal co lema da campaña e un decálogo con recomendacións para mercar xoguetes non sexistas.

Xogar tamén nos fai libres

Os centros educativos da cidade recibirán cartaces e outros materiais da campaña para ensinar ó alumnado que non existen xoguetes de nenos ou nenas. Deste xeito, tentarase rachar cos estereotipos de xénero dende as idades máis temperás e fomentar a compra de xoguetes didácticos para non condicionar o desenvolvemento dos rapaces e rapazas.

A campaña difundirase a través das redes sociais e en diferentes medios de comunicación para dar visibilidade ás accións que desenvolva o consistorio até o remate das festas de Nadal.

Decálogo para agasallar con igualdade