Home Programas Espazo Aberto Nadal en Rede e en galego

Nadal en Rede e en galego

0
Nadal en Rede e en galego

“É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Con todo, escoitan na televisión que un informe da Axencia Europea do Medio Ambiente sitúa Galicia como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta…”

Así comeza a función dos Bolechas dentro da súa xira de Nadal por diversos concellos galegos. É unha das actividades do Nadal en Rede 2019, promovida pola Rede de Dinamización Lingüística. Falamos con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.

Tamén haberá música, teatro e obradoiros de transmisión interxeracional da lingua entre avós e avoas e netos e netas: “o proxecto concíbese como un instrumento para a socialización entre novos e anciáns e fai posible o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística”, explican no programa do Nadal en Rede, que podes consultar aquí.