Home Programas Área Compostela Nacen os primeiros proxectos a sufragar cos fondos da Edusi

Nacen os primeiros proxectos a sufragar cos fondos da Edusi

0
Nacen os primeiros proxectos a sufragar cos fondos da Edusi

A alcaldesa en funcións, María Rozas, anunciou hoxe na xunta de goberno local, do acordo de remitir ao Ministerio de Facenda a documentación complemetaria sobre dous proxectos que se financiarán con cargo á Estratexia de desenvolvemento urbano, sostible e integral (Edusi). Trátase do plan municipal de igualdade e a actualización do plan de mobilidade urbana sostible.

Outros acordos

María Rozas tamén deu conta da aprobación por parte da Xunta de Goberno, da solicitude da subvención á Consellería de economía, emprego e industria por un importe de 136.000 euros para a posta en marcha do programa “Emprego Santiago VI, 2017-2018”.

Este venres tamén se aprobou a incorporación de cláusulas sociais nos contratos públicos que estableza o Concello con calquera empresa. O obxectivo é lograr a inclusión de persoas en risco de exclusión social ou laboral, o fomento da igualdade, a inclusión de persoas con diversidade funcional, a promoción da calidade e a estabilidade no emprego ou a concicliación da vida familiar e laboral.

https://nostelevision.gal/o-concello-aposta-polas-clausulas-sociais-nos-contratos-publicos/