
A emblemática Praza da Quintana acollerá a Semana do Libro de Compostela (SELIC). O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, destacou a importancia da creación dun evento destas características na nosa cidade.
Unha oportunidade para amosar o “enorme potencial editorial e literario” de Santiago
.@martinhonoriega estivo hoxe na presentación da #SELIC, a Semana do Libro de Compostela https://t.co/RFdnBoLEM0 [Do 2 e 11 de xuño] pic.twitter.com/TnH8RpWA0J
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 maio 2017
David Cortizo, de Urco Editora, manifestou que sen a colaboración dunha institución como o Concello non se podería ter desenvolvido a Semana do Libro de Compostela, unha iniciativa que considera moi necesaria para a nosa sociedade.
Loaira Martínez, da livraria Ciranda, fixo un chamamento á cidadanía de Compostela para que participen neste evento.
David Cortizo, de @urcoeditora afirmou esta mañá que Compostela ten “potencial para estar o ano enteiro” cunha feira https://t.co/RFdnBoLEM0 pic.twitter.com/uU0ysXAvQY
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 maio 2017
Loaira Martínez Rei, da libraria Ciranda, fixo un chamamento á cidadanía de Compostela para que participen neste evento pic.twitter.com/9v8wtxLefi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 maio 2017
A Semana do Libro de Compostela celebrarase entre os días 2 e 11 de xuño nunha Praza da Quintana que acollerá exposicións, presentacións e moreas de debates.