O Observatorio das violencias machistas cotiás contra as nais e as súas crianzas presentarase este mércores en rolda de prensa na libaría Lila de Lillith, en Compostela, a mans da asociación Maternidades Feministas de Compostela (MATERFEM).

- Publicidade -

Neste aspecto, lanzarán un estudo en forma de cuestionario online para analizar as violencias que afrontan nais e crianzas. O obxetivo é analizar os datos recollidos cara o vindeiro 8 de marzo. Con isto, o Observatorio busca visibilizar as violencias machistas que afectan especialmente a este colectivo, que facilite a formulación de denuncias e de propostas de medidas políticas para reverter esa situación.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego