Home Programas Espazo Aberto Nace ‘Aulas Galegas’, un portal educativo para estes días de illamento

Nace ‘Aulas Galegas’, un portal educativo para estes días de illamento

0
Nace ‘Aulas Galegas’, un portal educativo para estes días de illamento

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que acaban de lanzar ante a situación de illamento provocada polo coronavirus. Deste xeito, Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

“A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas” indican na propia web.

Para o alumnado e as súas familias publicarán cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.  Para o profesorado crearán unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.