Colectivos veciñais de máis de 16 concellos reuníronse hai unha semana en Compostela para constituír a ‘Rede galega por un rural vivo’ segundo informaron este xoves á prensa. O propio nome do colectivo recolle o obxetivo principal, “garantir un marco legal xusto e con garantías para que o rural non esmoreza”.

A Rede Galega por un Rural Vivo está composta por colectivos veciñais que se enfrontan a proxectos eólicos abusivos e que unen forzas para “a visibilización e denuncia do espolio que sufre o rural”. Neste senso, apuntan a que se está a empregar o rural galego “como un parque industrial” sen ter en conta as “graves” consecuencais para a supervivencia do rural, “condenándoo a un futuro moi incerto e a unha acelaración do despoboamento”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os colectivos veciñais da rede non están en contra da enerxía renovable senón do modelo de produción enerxética. “Este modelo productivo empobrece ás localidades onde se xera a enerxía e reduce o potencial crecemento destas áreas que a miúdo contan coa paisaxe e o entorno natural como reclamo económico e de benestar social, o que axuda a crear negocio localmente e asentar poboación, cousa que os proxectos eólicos destas empresas multinacionais non poderán achegar nunca á comunidade rural”.

Fronte a este sistema, a Rede tamén procurará estudar e divulgar outras formas de produción de enerxía máis xustas, como o autoconsumo ou a produción de enerxía colectivizada para consumo local. Os obxectivos da Rede A Rede Galega por un Rural Vivo vai traballar para conseguir un marco legal que protexa a vida no rural evitando así “escenas esperpénticas como un aeroxenerador de 200m de altura a tan só 500m das casas, ou liñas eléctricas que cruzan fragas centenarias”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -