O “Feito a man” volve ás rúas de Compostela disposto a encher de actividade musical o mes de agosto na cidade. Por el pasarán sesenta propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais. Este festival xa forma parte da historia da cidade e é a actividade máis visible da Asociación cultural Cidade Vella.