Home Programas Área Compostela Música, títeres e cine para a Compostelánea de outubro

Música, títeres e cine para a Compostelánea de outubro

0
Música, títeres e cine para a Compostelánea de outubro

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou no Pazo de Raxoi o número 15 da revista Compostelánea. A revista naceu en Xullo de 2016 para ofrecer os cidadans mensualmente unha guía práctica para poder participar da programación cultural e de ocio da cidade de Santiago. Branca Novoneyra salientou deste número a decimocuarta edición do Curtocircuito, a semana do cinema Euroárabe Amal, as Xornadas de Música Contemporánea ou o festival Galicreque.

A Compostelánea de Outubro complétase coa información relativa ás exposicións temporais e convocarias artísticas, o programa de artes escénicas e as novidades turísticas do mes, no que cómpre resaltar a nova ruta do tren turísitico que percorrerá os parques da cidade.

http://nostelevision.gal/chega-compostelanea-unha-publicacion-sobre-axenda-de-santiago/