Home Programas Área Compostela Música, gastronomía e obradoiros no San Xoán de Compostela

Música, gastronomía e obradoiros no San Xoán de Compostela

0
Música, gastronomía e obradoiros no San Xoán de Compostela

A noite máis “máxica” do ano cobra unha especial relevancia en Compostela. Este ano, o San Xoán celebrarase entre o 22 e o 24 de xuño, cun programa de actividades baseado na música, a gastronomía e a artesanía. Na tarde deste venres, a praza de Mazarelos dará comezo á festividade cun mercado tradicional e un espazo gastronómico para degustar os produtos típicos desta data marcada no calendario.

O “lume sagrado” do Pico Sacro, protagonista desta festividade

O evento máis sinalado da edición deste ano será a marcha do “lume sagrado” do Pico Sacro, que percorrerá as rúas de Compostela a partires das 22.00 horas cunha comitiva composta por un cento de persoas. Este evento está organizado pola Asociación do Castro da Fervenza de Callobre.

A capital galega despedirá o San Xoán no serán do domingo, logo dunha sucesión de actividades que incluirá un obradoiro de aturuxo, outro de elaboración da tradicional “queimada” e unha mostra de baile galego. Un concerto de Tanxugueiras e a degustación da queimada porán o peche á festa.