Música galega para normalizar o autismo

A Sala Capitol de Compostela será o escenario, o vindeiro 26 de setembro, do I Concerto Benéfico 'NormalizAutismo'

O trastorno do espectro do autismo é unha realidade que, por desgraza, aínda non está demasiado normalizada na sociedade actual. Precisamente co gallo de amosar información sobre a diversidade das persoas autistas e visibilizar ás mesmas nace o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, un evento do que farán parte artistas coma Rosa Cedrón, Luís Fercán, Carmela Pequena ou Jorge Casal.

Este concerto organízao a asociación NormalizAutismo Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro promovida por familiares e amigos de persoas que padecen trastornos do espectro autista. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre esta cuestión e axudar a estas persoas a mellorar a súa calidade de vida.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O importe recadado pola venda de entradas será destinado a NormalizAutismo Galicia

O espectáculo celebrarase na Sala Capitol de Compostela, o vindeiro 26 de setembro, e a totalidade da recadación das billeteiras será destinada a NormalizAutismo. Un pequeño xesto para colaborar con esta causa. As entradas para o concerto poden adquirirse dende hoxe no portal web de Ticketea.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -