Este fin de semana dará comezo a Programación de Primavera no Teatro Principal de A Estrada cun Monólogo de Ángel Martín, pertencente ao ciclo A Estrada Comedy, no que tamén participarán Carlos Blanco, Xosé Touriñan e Miguel Lago. As entradas para estes monólogos pódense adquirir de maneira anticipada en Ticketea por 10€ e para algún monólogo xa está o 70% do aforo vendido.
Música e teatro para todos os públicos na Estrada https://t.co/30S6LMXZBu Presentación da programación de primavera no @c_aestrada pic.twitter.com/ZgnUEsSrOp
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 febreiro 2017
Tamén este fin de semana estrearase o espectáculo “Voa”, un teatro musical que levarán a cabo Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas, e que renderá homenaxe a figura de Xosé Neira Vilas. A venda anticipada avanza a bo ritmo estando xa o aforo completo para a representación do sábado.