No serán de onte, milleiros de persoas participaron no festival desPlanta sons. A organización destaca que se viron superadas todas as expectativas pola afluencia de xente. Este venres houbo unha nova demostración da unión e da forza da veciñanza contra a instalación da planta de residuos da Casalonga.
E non foi unha semana normal en Teo. Todo o contrario. A negativa do Concello á intalación da planta de residuos de Toysal mediante a presentación do informe urbanístico desfavorable marcou a axenda desta semana no Concello. Porén, a veciñanza non baixa aínda os brazos e continúa a participar masivamente nas actividades programadas pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.
Onte, sespois da música de Son Elas, a actriz Mabel Rivera protagonizou unhas sinceras mensaxes de apoio á veciñanza e alentou ás e aos presentes cunhas palabras de forza para que “a loita se manteña e de alegría por ver a un pobo unido por unha causa xusta”. Ademais, unha veintena de empresas e asociacións colaboraron gratuitamente para que este festival puidera facerse realidade.
#EnDirecto A actriz Mabel Rivera, veciña de Lampai e firme defensora do medio ambiente, súmase á loita contra a planta de residuos na Casalonga! ? Velaquí a súa intervención no festival solidario da Plataforma, que se está celebrando agora mesmo en Ameneiro e no que vos esperamos!#FestivalDesPlantaSons #Música #Veciñanza #Reivindicación #EntreTodosImosFrealo
Publicada por Teovivo en Viernes, 7 de septiembre de 2018
Coa música tradicional e Folk do grupos Os Tres Pesos e Os D’Abaixo creouse un ambiente de foliada onde espontaneamente ían xurdindo grupos de todas as idades demostrando as súas destrezas co baile galego, a viva imaxe da cultura dun pobo cheo de vida.
Únete: a banda sonora contra a ameaza ambiental
A media noite entrou Desequilibrio Mental cun cambio de 180º no estilo musical. O punto máis álxido do festival xurdíu con este grupo cando estrenuo a canción “Únete” composta tras coñecer a ameaza da planta de residuos na Casalonga.
#EnDirecto Momentazo o que acabamos de vivir no festival contra a planta de residuos, onde o grupo Deseqilibrio Mental estreou o seu tema 'Únete'?? Porque igual cantando se entende mellor… "Na canteira NON, na Casalonga NON!" ??#NaCasalongaRockAndRollNonContaminación #FestivalDesPlantaSons #Veciñanza #Música #EntreTodosImosParalo #Temazo
Publicada por Teovivo en Viernes, 7 de septiembre de 2018