Home Programas Espazo Aberto Música e baile tradicional para pechar o Verán Cultural de Carballo

Música e baile tradicional para pechar o Verán Cultural de Carballo

0
Música e baile tradicional para pechar o Verán Cultural de Carballo

Como cada ano, varias agrupacións culturais de Carballo pecharán o venres 30 de agosto a programación do Verán Cultural de Carballo.

Os grupos de música e baile tradicional da AC Nemeth e de Arume de Berdillo, e a Escola do Alprende de Oza e a Banda de Gaitas amosarán o floclore tradicional galego a través do baile, a música e o vestiario no Festival de Música e Baile Tradicional. Neste Verán Cultural pasaron por Carballo grupos como Chicharrón, Sito Sedes ou Sés e Treixadura no Festifolk.

Este verán tamén tivo lugar a quinta edición do Festival Internacional de Arte Pública Rexenera Fes, que contou con seis artistas internacionais. Aquí un vídeo resumo:

 

Festas da Milagrosa

Tamén o venres 30 comezan as festas do Barrio na Milagrosa. Podes consultar aquí o programa, mais a novidade será a Baixada de Carros de Bolas, unha actividade que busca recuperar algunhas das tradicións populares coas que noutros tempos se entretiñan os mozos e mozas do barrio.