Home Programas Área Compostela Música de órgano para redescubrir Compostela

Música de órgano para redescubrir Compostela

0
Música de órgano para redescubrir Compostela

O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña presentan a terceira edición do proxecto cultural “De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela“, que permitirá á cidadanía compostelá coñecer o patrimonio organístico da capital galega. O programa contempla un amplo abano de actividades coma ponencias, obradoiros ou diversos itinerarios que porán en valor a música dun instrumento ancestral como é o órgano. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre o 16 de marzo e o 1 de abril, tenta tamén salientar o “legado patrimonial” do órgano en Compostela, tal e como indicaron en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. Para elo, organizaranse diferentes eventos en igrexas coma a da Universidade ou os conventos de San Paio de Antealtares e Belvís.

Actividades de balde

Tódalas actividades ofertadas serán de balde. Para os paseos e concertos será preciso obter unha invitación nas billeteiras do Teatro Principal, mais a entrada ás conferencias, coloquios e obradoiros será até completar o aforo segundo a orde de chegada.