Rianxo comeza o venres na súa semana grande, do 13 ao 20 de setembro. As festas da Guadalupe están organizadas pola Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo “A Moreniña”.
A semana comezará o venres 13 levándonos de volta aos anos 80, cun concerto da banda viguesa Broken Peach e unha sesión musical de temas clásicos dos oitenta e noventa.
Rock in Rian, o festival da ría
O sábado 14 terá lugar unha das citas xa clásicas en Rianxo: o Rock in Rian, que chega á súa edición número doce. O cartel deste ano conta cos ordenses Dios Ke Te Crew, Reincidentes ou Festicultores.
Presentamosvos ó ultimo grupo desta edición ?
Un dos máis votados na enquisa!
Non precisan presentación…DIOS KE TE CREW ??? pic.twitter.com/LPBVJT7LmC
— Festival Rock in Rian (@RockinRian) May 12, 2019
Haberá tamén pasarrúas, un roteiro literario e un espazo para A Caravana Morada, un punto de información no que unha equipa profesional e voluntarias e voluntarios concienciarán para ter unha festa “con xeito” e sen agresións machistas.
Artella, arte na rúa
Durante toda a semana de festas haberá actividades por toda a vila: obradoiros de teatro, representacións teatrais e xogos tradicionais. A destacar a xornada de cultura urbana do martes 17 na Praza Virxe de Guadalupe, con ‘parkour’,’slackline’ ou BMX.
Mais non todo é tan novo e moderno: haberá unha mostra de música tracicional cada día da semana, o Feirón Mariñeiro do xoves 19, verbenas e charangas.