Mulleres Galegas Kañeras e GZ Música unen forzas co obxetivo de visibilizar e dar voz ás mulleres na música do país, especialmente no rock, o punk ou no metal, onde non son tan numerosas como no mundo do folk e tradicional. Para isto, Patty Castro (John Deeres, Nao, …) entrevistará a moitas destas mulleres galegas kañeiras para saber das súas experiencias e traballos. Neste sentido, contarán coa participación de Laura Romero, de Músicas Galegas Ilustradas. A primeira en estrear este novo espazo é Paulinha, a cantautora cambadesa que vén de presentar o seu novo disco.
Home Espazo Aberto Cultura Mulleres Galegas Kañeras e Gz Música, xuntas pola visibilización das mulleres na música