Muda parte do resultados definitivos dos Orzamentos participativos por un erro no reconto final

Un erro no reconto de votos en urna obrigou ao concello a modificar parte das propostas finais que resultaron escollidas pola cidadanía nestes Orzamentos Participativos 2018. Explicouno en rolda de prensa a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

As mudanzas

Por este motivo no resultado definitivo incorpóranse catro propostas novas, reducen o seu orzamento outras dúas e unha proposta, a dos parques biosaudables, cae do proceso de orzamentos participativos. Pola contra entrarían en festas o festival folk e o teatro na rúa; na zona sur a cuberta de usos múltiples e no rural sur as marquesiñas para bus escolar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Goberno local, segundo explicou a concelleira de Facenda, incorporará unha liña complementaria para os Orzamentos Participativos ata sumar a cantidade que se ve reducida por esta corrección de erros.

Aumenta a implicación cidadá nos Orzamentos participativos

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -