Esta mañá presentouse en Compostela o Movemento Galego polo Clima, parte do movemento global Fridays For Future. En Galicia, están representados un grupo de mozos e mozas galegas as que elaboraron un manifesto con 12 medidas a tomar por parte da administración. Este manifesto é apoiado por máis de 50 organizacións galegas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais, salientaron que é un movemento que parte da xente nova e lembraron como comezou, en Suecia con Greta Grunberg. Na presentación, afirmaron que non estamos a ser conscientes da magnitude da situación climática actual e lembraron a importancia de concienciar da problemática a través dos grandes medios de comunicación.

O movemento galego polo clima apoia a mobilización global que terá lugar a finais de mes. O obxectivo: que os gobernos tomen dunha vez medidas serias para reverter o cambio climático.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -