Coa idea de que outro mundo é posible, a Rede de Solidariedade Popular de Vigo organizará o vindeiro 7 e 8 de outubro en Cangas unha mostra de entidades, colectivos e empresas que traballan a economía social e os movementos sociais. A mostra presentouse no Pazo de Raxoi e nela participou a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; as actrices Mónica Caamaño e Marta Pérez; a coordinadora da Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Elisa Pérez; e o coordinador da mostra, David Esperón.
As actrices Mónica Caamaño e Marta Pérez fixeron un chamamento á participación.
Por parte da Rede de Solidariedade Popular de Vigo estivo presente en Raxoi a súa coordinadora, Elisa Pérez, explicou que traballan co concepto de solidariedade, non de caridade. O coordinador da mostra, David Esperón salientou que existen alternativas ao actual modelo económico e informou que estarán presentes na mostra 54 colectivos diferentes de varios sectores.
So unha sociedade comprometida pode ter unha cultura comprometida
A Mostra do Posible contará con varios espazos no municipio de Cangas. Os postos estarán na Alameda e logo haberá diferentes actividades na Casa de Cultura, a Casa do Concello e o local da Asociación Cultural A Tiradoura.