Un traballador faleceu esta madrugada tras sufrir un golpe cunha máquina mentres traballaba nunha fábrica situada no Polígono das Gándaras, no Porriño. Malia aos intentos de recuperación, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os feitos tiveron lugar pouco antes das seis desta mañá, cando a vítima levou un golpe cunha máquina nunha planta destinada á fabricación de pezas metálicas. Un equipo do 061-Urxencias Sanitarias desprazouse ata á fábrica cunha UVI móbil, pero nada puideron facer por salvar a vida do operario, ao que atoparon inconsciente.
Sinistralidade laboral en Galicia
A sinistralidade laboral subiu en Galicia no último ano un 2,39% e nos dous primeiros meses de 2019 os accidentes mortais incrementáronse nun 125%, segundo UGT. A central denuncia que “desde a entrada en vigor da reforma laboral incrementouse progresivamente a sinistralidade, case nun 25%, con 317 traballadores falecidos”.