Home Programas Espazo Aberto Morre un traballador na papeleira de Brandía, en Compostela

Morre un traballador na papeleira de Brandía, en Compostela

0
Morre un traballador na papeleira de Brandía, en Compostela

O home, de 45 anos, faleceu esta madrugada nun accidente laboral na papeleira de Brandía, situada na entrada do concello de Compostela. O operario manipulaba unha máquina industrial cando quedou atrapado. As circunstancias que provocaron a morte do traballador aínda son descoñecidas.

Nos primeiros seis meses deste ano, 23 traballadoras e traballadores perderon a vida nun accidente de traballo. Isto é un aumento do 15 por cento con respecto ao 2018 que pechou o ano con 50 operarios mortos en sinistros laborais. Esta cifra, á súa vez, supuxera un aumento do 16 por cento con respecto aos datos do 2017, segundo o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.