O pasado 21 de agosto falecía unha persoa -cuxo nome non se fixo público- no cárcere de Pereiro de Aguiar. Con ela, xa son nove os presos que faleceron este ano e dez desde decembro de 2018. Ou o que é o mesmo: en 9 meses, 10 persoas morreron nos cárceres galegos (tres en Teixeiro, tres no cárcere de Pereiro de Aguiar e un, respectivamente, na Lama, Bonxe e Monterroso.)
1️⃣1️⃣9️⃣FALLECIDOS #EnPrisiones desde del 1/12/18 @interiorgob ? @lavozdegalicia
?C.P Ourense (Pereiro de Aguiar)
?24/8/19
➡️Interno encontrado AHORCADO en la apertura de las 17h》Módulo de destinos》A pesar de los intentos por reanimar, el interno FALLECE.D.E.P✝️#TAMPM pic.twitter.com/omNlkDjD2O
— NECROLÓGICAS @tu_abandono (@Tampm_NECROLOGI) August 25, 2019
Para o observatorio EsCULcA a cifra é unha auténtica “salvaxada”. “As persoas morren sobre todo por tres causas: sobredoses -de droga e por un descontrol no consumo de fármacos-, enfermedades crónicas e suicidios”, mais apuntan tamén ao recorte na sanidade penitenciaria. “Teixeiro deixou de ter un médico as 24h. E se unha persoa ten un paro cardíaco e non hai médico no cárcere? Alí hai mil persoas.” Tamén reclaman que a atención sanitaria dos cárceres sexa transferida ao SERGAS: “As persoas presas teñen o mesmo dereito á acceder á sanidade.” Consideran que, por transparencia co que acontece dentro da cadea, é positivo que tanto os médicos coma os mestres sexan persoas alleas ás institucións penitenciarias.
Tamén poñen o foco na situación das mulleres presas, que non teñen unha atención propia pola súa condición de xénero: deficiente atención xinecolóxica, neglixencias, etc.
“Teixeiro deixou de ter un médico as 24h. E se unha persoa ten un paro cardíaco e non hai médico no cárcere? Alí hai mil persoas. As persoas presas teñen o mesmo dereito á acceder á sanidade”
A persoa falecida esta semana tería tentado suicidarse e foi atopada na súa cela; malia os intentos de reanimación, falecería. En xuño falecía no presidio de Pereiro de Aguiar J.J.F.E., preso de 50 anos e enfermo de hepatite “segundo fontes do contorno familiar” por unha posible sobredose. Lembran desde EsCULcA que hai un artigo que recolle que as persoas enfermas crónicas “non teñen que estar nin que morrer na cadea.” En maio falecía Pedro Escudero -enfermo de cáncer de larinxe- nun incendio na súa celda que, segundo a versión oficial, tería provocado el mesmo. Escudero estaba á espera de xuízo por unha denuncia de agresións que tería recibido por parte de funcionarios de prisións e pedira ser excarcerado “por razóns humanitarias e de dignidade persoal”.
EsCULcA ten pedido xuntanzas cos responsables das prisións de Teixeiro e A Lama unha e outra vez, pero sempre llas rexeitan. En setembro volverán a pedila, a propósito das últimas mortes, onde preguntarán entre outras cousas pola cuestión da droga na cadea.
1️⃣2️⃣0️⃣FALLECIDOS #EnPrisiones desde del 1/12/18 @interiorgob ?@InformativosTM
?C.P Madrid VI (Aranjuez)
?28/8/19
⚠️8°FALLECIDO desde 1/12/18‼
》Interno encontrado SIN VIDA
》A las 19 horas / Módulo 1
》Causa de la muerte; posible SOBREDOSIS medicamentos?D.E.P✝️#TAMPM pic.twitter.com/6esM0l6oCw
— NECROLÓGICAS @tu_abandono (@Tampm_NECROLOGI) August 28, 2019
Onte mesmo, 28 de agosto, falecía en Aranjuez outro preso por sobredose con medicamentos, co que xa son 120 persoas mortas no estado nos dez últimos meses, segundo a conta de Twitter da asociación de trabajadores de instituciones penitencias Tu Abandono Me Puede Matar.