Martiño Noriega, alcalde de Santiago, amosou hoxe o seu malestar contra o presidente da Xunta que onte desde Madrid aseguraba que o concello podía perder os fondos europeos pola falta de información e acordo co Ministerio.
O alcalde explicou en rolda de prensa que hai un compromiso estable co Ministerio e o único que busca Feijóo é “obstaculizar” o traballo que se está a realizar desde o concello da capital de Galicia. Deste xeito acusou o alcalde da cidade a Feijóo de actuar con “deslealdade e “mala fe”
E o arquivo non engana. Na xuntanza mantida entre Noriega e Feijóo a mediados do pasado mes de outubro, o presidente da Xunta anunciaraque o seu goberno matiña o compromiso coa nova ubicación da depuradora malia recoñecer que “teñen posturas diferentes” en relación ao seu emprazamento.