Juan Carlos Monedero, politólogo e membro fundador de Podemos, participou hoxe nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega en lembranza do bicentenario do nacemento de Karl Marx. Minutos antes da súa intervención falou aos medios de comunicación sobre as recentes primarias de Podemos. Tirou de retranca para comentar a derrota de Carolina Bescansa en Galicia e evitou opinar sobre a nova dirección.
“A universidade gaña unha boa profesora”, dixo en relación a Bescansa, “en Podemos son as bases quen deciden”, engadiu Monedero. O que fora un dos fundadores de Podemos explicou que a formación morada non quixo en ningún momento “ser unha partido máis” e que por ese motivo entraron no tema dos salarios e das limitacións de mandatos así como na maneira de escoller a súa propia estrutura.
“Gáñase o goberno, non o poder”
Relacionado coa conferencia que impartiu minutos despois, Monedero comentou o actual control das altas esferas xudiciais por parte de partidos tradicionais como o PP ao que denominiou “banda criminal”.
“O PP infiltrou militantes no Consejo General del Poder Judicial (CGPJ)” denunciou Monedero, e puxo como exemplo o caso de Pablo Casado que quedou sebreseido polo tribunal.
Monedero, na súa intervención denominada “Gáñase o goberno, non o poder. A selectividade estratéxica do Estado e a crise do neoliberalismo” explicou o seu concepto de control que exercen os grandes partidos tradicionais e puxo como exemplo a substitución de cadros históricos no Congreso dos Deputados por parte do ministro José Bono como un xeito de crear un novo relato da historia de España nese lugar simbólico.