A deputada de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, será ministra de Traballo no goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos, tal e como adiantara a súa formación e confirmou este xoves Moncloa.

- Publicidade -

O Executivo tamén ratificou os nomeamentos do resto dos ministros de Unidas Podemos:  Pablo Iglesias, será vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030; Irene Montero, ministra de Igualdade; Alberto Garzón, ministro de Consumo; Yolanda Díaz, de Traballo; e Manuel Castells, de Universidades, confirmaron fontes de Moncloa. Trátase da primeira confirmación oficial da estrutura do novo Executivo, cuxa composición total se comprometeu a anunciar o presidente, Pedro Sánchez, a vindeira semana.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego