Falamos co voceiro da Comisión Aberta en Defensa do Común da Coruña, sobre a recuperación da Casa Cornide e do anuncio do Concello de seguir adiante co Consello da Memoria Democrática.
Manuel Monge valora positivamente as últimas medidas do Concello da Coruña e advirte da necesidade de activar accións de mobilización cívica, como xa fixeron nos últimos meses: “Son marchas para informar á xente porque hai moita xente na Coruña non sabe nin onde está a Casa Cornide nin a súa historia”, explica Monge.
Monge tamén se amosou crítico coa realidade da cidade, xa que noutras cidades xa se eliminaron os símbolos e rúas franquistas, pero na Coruña, aínda se manteñen máis dun cento.
A batalla pola recuperación da Casa Cornide
O pasado mes de setembro, aprobábase por unanimidade en pleno unha proposta do BNG para restituir ao Concello da Coruña a titularidade da Casa Cornide e que o Concello comparecese como parte interesada na demanda da Avogacía do Estado para a recuperación do Pazo de Meirás.
O 25 de outubro, o Concello anunciaba “os primeiros pasos” para recuperar a Casa Cornide e a petición dun informe para que sexa considerada un ben de interese cultural. Monge amósase confiado en que desta vaia: “ “
Os Franco piden máis anos de pena para as activistas do Bloque
En setembro de 2017, activistas do Bloque fixeron unha foto no balcón da Casa Cornide e esixiron o seu retorno ao patrimonio. A familia do ditador interpuxo unha demanda por, entre outros, un suposto delito contra a honra.
O pasado 5 de novembro, a familia solicitou un aumento de penas aos 9 activistas e conseguiron aprazar a vista xudicial.
A Casa Cornide: unha exhumación pendente, unha reportaxe de Nós Televisión