A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá, na SGAE, as obras e artistas nominados para os Mestre Mateo. O acto estivo presentado pola actriz María Vázquez o e actor Federico Pérez. Eles mesmos foron os encargados de dar os nomes resultantes das votacións.
A Modista, María y los demás e a serie Dalia reciben o maior número de nominacións para os Mestre Mateo https://t.co/8tVRNCEStQ pic.twitter.com/rjL5Xy5cSC
— Nós Televisión (@NosTelevision) 07 febreiro 2017
A listaxe de candidaturas desta décimoquinta edición incrementouse en relación con anos anteriores. Os integrantes da AGA iniciarán agora unha rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada unha dascategorías. Para coñecer o resultado das e dos gañadores, haberá que agardar á Gala que se celebrará o vindeiro 4 de marzo no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.