Home Programas Espazo Aberto Mocidade coa lingua, 26 anos polo galego en Ferrol

Mocidade coa lingua, 26 anos polo galego en Ferrol

0
Mocidade coa lingua, 26 anos polo galego en Ferrol
Cheo no Auditorio de Caranza

O auditorio de Caranza acolleu a 26º edición do Festival “Mocidade coa lingua” cun grande éxito de participación. Preto de 800 mozas e mozos participaron neste clásico evento que cada ano procura difundir o noso idioma a través da música. Nesta ocasión actuaron sete grupos noveis de distintos centros educativos da comarca e tivo como peche dourado o concerto de A Banda da Loba.

Tres horas de música

“Mocidade coa lingua” está coorganizado polo Concello de Ferrol, que estivo representado polo seu concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. As actuacións, moi aplaudidas, comezaron co Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Irene Beceiro e Manolo Dopico, do IES Concepción Arenal.

En terceiro lugar, Arredemo, do IES de Fene, Raptios, do CPI de Atios (Valdoviño), cunha proposta de rap en galego, o Carvalho Quartet, do IES Carvalho Calero, o Pay FUNk-Ta, do CPR Tirso e no peche, Indianos, está formado por alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda. Polo medio, as rapazas da Banda da Loba, lideradas pola ferrolá Xiana Lastra e que, precisamente, deu os seus primeiros pasos nas edicións anteriores.