Mobilización reclamando pensións dignas (IC)

A central sindical CIG convocou para hoxe 22 de maio concentracións e varias cidades e vilas de Galicia en demanda de emprego, salarios e pensións dignas.

O sindicato denuncia que o PP pretende facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas e o seu intento de “vendernos un acordo que recollerá nos Orzamentos a suba das pensións, coma se con iso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas das pensións de 2011 e 2013, e as reformas laborais, e as políticas económicas e sociais aplicadas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Horas e lugares

As concentracións terán lugar na Coruña (Obelisco, 11:30h), Ferrol (Edificio da Xunta, 20h), Santiago (Praza do Toural, 20h), Boiro (Praza do Concello, 20h) Pontevedra (Diante da Peregrina, 20h), A Estrada (Praza do Mercado, 20h), Vigo (Vía Norte, 19h), Lugo (Praza Maior, 20h), Guitiriz (Concello, 20h), Sarria (Praza da Vila, 20h), Sarria (Praza da Vila, 20h), Vilalba (Praza da Constitución, 20h), Monforte (Concello, 20h), Chantada (Praza de Galiza, 20h), Burela (Praza da Mariña, 20h), Ribadeo (Concello, 20h), Viveiro (Concello, 20h), Ourense (Subdelegación do Goberno, 19:30h) e Cee (Diante do Concello, 11:30h).

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -