Vigo, A Coruña e Compostela mobilizáronse nos últimos días contra o racismo despois do asasinato de George Floyd nos Estados Unidos que impulsou o inicio de mobilizacións e accións antirraciais no norte de América e en Europa. “En Galicia tamén hai racismo” ou “o silencio branco tamén mata” foron algúns dos lemas que se puideron ver nas diferentes concentracións. As compañeiras de Galiza Contrainfo realizaron a seguinte crónica audiovisual sobre as mobilizacións:
Mobilizacións en Galiza contra o racismo e a violencia policial: “O silencio branco tamén mata!”
As mobilizacións denunciaron o uso da violencia policial, institucional e social contra os corpos non brancos