As mobilizacións en Portugal, ao igual que en Galiza e no resto de Europa, lembraron a memoria de George Floyd e denunciaron a violencia policial racista. A diferenza doutros territorios, no país levan meses denunciando un caso de violencia policial racista ocorrido en Lisboa: o de Cláudia Simões. A muller racializada denunciou un axente de policía branco por agredila durante e despois a súa detención. A Fiscalía sumouse ao caso e vinculálle ao acusado un delito de ofensa á integridade física. A causa atópase en segredo de sumario.
Mobilizacións antirracistas en Portugal lembran o caso de Cláudia Simões, agredida por un policia branco
Crónica audiovisual das protestas contra o racismo en Portugal de Esquerda.net