Mobilización contra a discriminación de xénero ás limpadoras da Xunta

As traballadoras do servizo de limpeza da Xunta fixeron este xoves entrega dun escrito dirixido á Secretaría Xeral de Igualdade no que denuncian a súa situación e demandan que se leven a cabo as actuacións necesarias para comprobar os feitos e salvagardar os dereitos laborais e o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, adoptando a única medida que entenden que o posibilitaria: “que a todas as mulleres con categoría de limpadora e cun trienio de antigüidade se lle recoñeza a categoría de peon-especialista”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -