Moaña lembra a presos e presas políticos cataláns

Unha ducia de activistas colocaron lazos amarelos diante do concello e concentráronse en apoio ao proceso independentista cataláns

A vila do Morrazo foi o único lugar da Galiza onde esta fin de semana houbo unha concentración de apoio ao proceso independentista catalán e en solidariedade cos presos e presas políticos. Convocado polo Ateneo de Moaña e Galiza pola Soberanía (GPS) contou tamén cun representante do BNG local malia que ningún dos membros nacionalistas do equipo de goberno se achegou ata o lugar.

Os actos comezaron pouco antes das 19:30 horas coa colocación de lazos e bandeiras no paseo para logo desprazarse ata un mirador desde o que Carme García Rigau, xornalista e membro da ANC Galiza dirixiu unhas palabras aos políticos presos en diferentes cárceres de Catalunya.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Logo na propia praza diante da casa do concello continuáronse a colocar lazos amarelos e un enorme lazo desta cor xunto á bandeira galega e catalá. Xosé Collazo, membro de GPS, lembrou aos asistentes as razóns da concentracións e denunciou persecución dias antes cando realizaron un acto semellante na localidade.

Pechou o acto Carme Garcia Rigau que lembrou os acontecementos do 1 de outubro na súa terra.

Concentración en Vigo

As Marchas da dignidade convocaron unha concentración en Vigo para o 1 de outubro (A farola, 20 horas) en “Solidariedade con Catalunya” e “Contra o fascismo-pola democracia”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -