A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños vén de inaugurar a súa nova exposición en homenaxe a Mirian Vázquez, un auténtico exemplo de valentía na loita contra o cancro. A fotógrafa nunca pensou que ensinaría a mostra do seu traballo sen a presenza de Miriam. 31 fotografías que representan en todo momento unha actitude positiva, valente, e o marabilloso sorriso que caracterizou a Mirian malia a dura batalla que desenvolvía contra o cancro
A mostra fotográfica que honra a mensaxe vital de Miriam Vázquez estará na disponible na Sala de Exposicións do edificio da Xunta en Lugo ata o vindeiro 4 de febreiro