Home Programas Área Compostela “Mini” será a voz do BNG de Compostela no Parlamento

“Mini” será a voz do BNG de Compostela no Parlamento

0
“Mini” será a voz do BNG de Compostela no Parlamento

O deputado Xosé Luís Rivas “Mini” será o encargado de trasladar as iniciativas do BNG da comarca de Compostela ao Parlamento. Así o anunciou o portavoz municipal nacionalista no concello de Santiago, Rubén Cela, nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi acompañado do propio deputado e do portavoz municipal do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz. Cela explicou algúns dos problemas de Santiago que o novo deputado trasladará ao goberno galego.

Polo seu lado, o portavoz municipal do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, sinalou tamén algunhas das reivindicacións que se levarán ao Pazo do Hórreo por parte do BNG.

O deputado Xosé Luís Rivas explicou cal será a política que realizará o BNG no Parlamento e a súa función nel levando temas de Compostela e comarca.

Xosé Luís Rivas foi escollido deputado polo BNG nas últimas eleccións galegas logo de que fose alcalde de Boimorto e tivera que deixar o cargo pola presentación dunha moción de censura pactada entre o PP e un concelleiro do PSdeG-PSOE que deixou o seu partido.