Eduardo é un mozo gandeiro de Arinteiro (Loxo, Touro, A Coruña) que ve o seu medio de vida ameazado por un proxecto mineiro. Se ben é certo que neste municipio coruñés levan décadas convivindo coa actividade mineira, con nefastas consecuencias ambientais, a nova explotación de cobre durante uns poucos anos faría imposible a gandería para ducias de granxas e destruiría 150 postos de traballo no sector primario.
Fonte: Sindicato Labrego Galego