A sociedade galega reacciona ante os recortes no sistema público de sanidade. Milleiros de persoas uníronse na mañá de hoxe en Compostela nunha manifestación unitaria de rexeitamento ante a grave situación en que se atopa a sanidade no noso País.
Multitudinaria manifestación en Santiago
Na mobilización participou a nosa colaboradora Pilar Aymara que achega entrevistas ás e aos protatagonistas da marcha, entre eles, o voceiro de SOS Sanidade Pública de Compostela. Milleiros de galegas e galegos pediron a dimisión de Alberto Núñez Feijóo e a rectificación do Partido Popular sobre unha Lei de Saúde que “deteriorará enormemente a sanidade pública”
Falei co voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública pic.twitter.com/Y9RdqlurCi
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de febrero de 2018
Quen tamén participou esta mañá foi Manuel Dios, concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago
As razóns da asistencia a esta manifestación #SanidadePublica #StopRecortes #SanidadePublicaedeCalidade pic.twitter.com/6fwydI7Ewj
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de febrero de 2018
Todos os líderes da oposición, presentes na mobilización
A manifestación, que deu comezo pasadas as 12:00h desde a Alameda compostelá xuntou tamén a representantes de En Marea, PSdeG-PSOE e BNG.
. @VillaresLuis explica as razóns da manifestación de hoxe#SOS #SanidadePública pic.twitter.com/VK7DGkeB5n
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de febrero de 2018
Falei con @anaponton un pouco antes do arranque da manifestación en defensa da sanidade pública pic.twitter.com/gBcWfljMJJ
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de febrero de 2018
Nunha ateigada Praza da Quintana, Isabel Risco e Quico Cadaval deron lectura ao manifesto contra os efectos “devastadores” da Lei de Saúde que o Partido Popular quere aplicar e que suporá a supresión de áreas sanitariase unha “clara aposta” pola privatización da sanidade
Isabel Risco da lectura ao manifesto que explica o devastador da Lei que o Partido Popular quere aplicar #QueroSanidadePública #SanidadePublica pic.twitter.com/AJvnIxfvL5
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de febrero de 2018