Home Programas Espazo Aberto Miles en Compostela contra a política forestal e “Lei Depredación” da Xunta

Miles en Compostela contra a política forestal e “Lei Depredación” da Xunta

0
Miles en Compostela contra a política forestal e “Lei Depredación” da Xunta

Arredor de 15.000 persoas percorreron esta mañá as rúas de Compostela para manifestar a súa indignación diante da falta de previsión e nefasta xestión do goberno do Partido Popular durante a catastrófica vaga de lumes que arrasou Galiza o pasado fin de semana. Ao berro de “Nunca Máis” se lle sumou o de “Feijoo dimisión” mais tamén consignas contra a Lei de Fomento Empresarial, alcumada como “Lei de Depredación de Galiza”, que ademais de permitir a espoliación dos nosos recursos, favorecerá unha maior eucaliptización do noso país.

Fonte: avantarvideos