Miguel Tellado sobre Noriega: “É un alcalde que non quere selo”

Tellado entra de cheo na 'batalla electoral' e adicou unha parte da súa rolda de prensa desta mañá para sair na defensa de Agustín Hernández

O Secretario Xeral do PP en Galicia, Miguel Tellado, valorou na mañá de hoxe a recente confirmación de Agustín Hernández como candidato das e dos populares á alcaldía de Santiago e quixo desmerecer a labor de Martiño Noriega á fronte de Raxoi.

No que respecta a Santiago, Tellado sinalou que o rival do PP nesta cidade é un Noriega que leva uns meses nos que “a súa única preocupación política é derrocar a Luís Villares” ao tempo que deslizou que o actual alcalde de Santiago quere “deixar de selo” fronte a un Agustín Hernández que “renunciou a ser conselleiro para ser alcalde”

Memoria

Deste xeito, semella que parte da estratexia electoral do PP está en esbozar unha idílica imaxe dun Agustín Hernández que “elixiu” renunciar no ano 2014 á ser conselleiro na Xunta de Galicia para centrarse na cidade. Un salvador. Daquela viña de ser o terceiro alcalde en tres anos de mandato, nunha situación excepcional en Compostela. O goberno de Hernández era froito vontade da dirección galega do PP, tiña unha maioría de non electos e chegaba tres anos despois da toma de posesión de Conde Roa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego