México, Miami ou Barcelona. O empresariado galego no mundo xúntase en Compostela

Empresarios galegos no mundo reúnense en Compostela

A cidade de Santiago acolleu hoxe o IV Encontro de Empresarios Galegos no Mundo. Representantes de varias asociacións empresariais de América e Europa así como do resto do Estado tiveron oportunidade de intercambiar experiencias no entorno dun hotel de San Lázaro. A organización do evento correu a cargo dos membros da Asociación de Empresarios Galegos de Madrid, Antón Alonso e Pepe Cerdeira.

- Publicidade -

“Hai galegos que brillan en todo o mundo”

Alonso, coordinador de AEGAMA, Enxeñeiro Técnico de Telefónica, explica que estes encontros serven tamén para facer negocios.

A participación do empresariado galego que queira coñecer a outros emprendedores que fixeron fortuna polo mundo adiante é esencial segundo explica Pepe Cerceira.

Este foro de empresarios leva catro anos celebrando este tivo de eventos nos que teñen participado máis de trescentos responsables de empresas procedentes de México, Miami, Barcelona ou Madrid.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego